Atopan o corpo sen vida dun septuaxenario en Rairiz de Veiga
09:33 15/11/18
09:33 15/11/18
Desapareceu despois do xantar e o seu cadáver foi atopado preto da medianoite sen signos de violencia.
Preto da pasada medianoite, a Garda Civil achaba o corpo sen vida dun señor de setenta anos ao que buscaba desde a tardiña. O cadáver non presentaba signos de violencia.
O home, veciño do concello ourensán de Rairiz de Veiga, non voltou á súa residencia despois do xantar, de maneira que a familia alertou ao 112 da desaparición, iniciándose así o dispositivo de busca.