miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacuado ao CHUS un septuaxenario desorientado e cunha lesión na perna

Evacuado ao CHUS un septuaxenario desorientado e cunha lesión na perna
Foto de arquivo
Evacuado ao CHUS un septuaxenario desorientado e cunha lesión na perna

O home, veciño de Rianxo, perdeuse cando se atopaba coa familia facendo unhas xestións en Santiago.

Un home duns setenta anos de idade foi trasladado esta noite ao Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS) tras ser localizado desorientado e ferido á beira do Río Sar. O señor, que se move con certa dificultade debido a unha enfermidade, presentaba lesións nunha perna.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o septuaxenario, veciño de Rianxo, acudiu a Santiago cuns familiares facer unhas xestións cando o perderon de vista. Os axentes da Policía Local de Santiago estiveron buscando ao home, e tamén se informou á Garda Civil e Policía Nacional co obxectivo de colaborar neste operativo.


Comentarios
Lo más