miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O I Concurso de Comunicación Científica do IGFAE resólvese este xoves cun concurso de monólogos científicos

Na xornada entregaranse os premios das categorías de artigos e experimentos, demostracións ou aplicacións móbiles

O I Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) celebrará hoxe xoves 15 unha competición para elixir a persoa gañadora da competición de monólogos científicos. Será a partir das 18:00 horas na Aula Magna da Facultade de Física.

Na xornada entregaranse os premios das categorías de artigos e experimentos, demostracións ou aplicacións móbiles. Esta é unha das actividade incluídas no programa da I Semana da Ciencia que se está a desenvolver ata o venres 16.

Entre este mércores 14 e o venres 16 tamén se desenvolverase un ‘Curso de Comunicación Científica’ a cargo de Eduardo Sáenz de Cabezón e Héctor Urién cunha carga lectiva de 13:00 horas. Ademais destas actividades, persoal investigador do Instituto impartirá esta semana e en datas próximas conferencias en distintos centros de ensino secundario de toda Galicia para dar a coñecer a actividade que se desenvolve no IGFAE.

Comentarios
Lo más