CxG reúnese cos veciños do barrio do Castiñeiriño
Na xuntanza expuxeron unha série de demandas que. debido ao crecemento da poboación, son precisas e que na actualidade non están a ser cubertas
Xoán Bascuas e a directiva da Asociación da Veciñanza do Castiñeiriño mantiveron un encontro, tamén participado por unha delegación da Executiva local de Compromiso.
Na xuntanza expuxeron unha série de demandas que. debido ao crecemento da poboación, son precisas e que na actualidade non están a ser cubertas: a falta de espazos públicos habilitados para a práctica diferentes actividades deportivas, un parque infantil ou un circuíto biosaudable, xa que na actualidade só existe un na zona do parque Euxenio Granell que ten gran afluencia de usuarios.
Todo isto sen esquecer a reinvindicación histórica do campo da festa. De igual modo, desde a directiva veciñal tamén amosaron a súa preocupación pola falta de investimentos na humanización do barrio e o impacto que vai ter o previsible tráfico de autobuses coa construción da nova estación intermodal.
Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e ven con preocupación a falta de interese por parte do Concello en coñecer as realidade do barrio e aportar solucións para a mellora da calidade de vida da veciñanza.