Comezan as obras dunha rede de saneamento en Carreira, no Concello de Ribeira
06:30 15/11/18
06:30 15/11/18
Trátase dunha instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo no Lugar de Barrosas
Según informa o Concello de Ribeira, inícianse as obras para a instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo no Lugar de Barrosas, na parroquia de Carreira.
A empresa adxudicataria, Construcción Fermín Simal S.L., ten dous meses de prazo para executar os pertinentes traballos para dotar de saneamento a zona. Esta actuación supón un investimento de 40.700 euros e está adscritra ao plan provincial POS+ 2017.