Sete xogadores do Estrela Vermelha convocados para a Selección Galega de Fútbol Gaélico
Os actuais subcampións europeos comezan esta nova andaina para o Mundial con algunhas caras novas, mais cun núcleo xa consolidado no último ano
A Selección Galega de Fútbol Gaélico Masculina acaba de facer pública a súa convocatoria preparatoria para os próximos GAA World Games 2019 que se van xogar en Irlanda.
Os actuais subcampións europeos comezan esta nova andaina para o Mundial con algunhas caras novas, mais cun núcleo xa consolidado no último ano.
O seleccionador, Alexandre Sanmartín, leva a sete xogadores do Estrela Vermelha de Santiago de Compostela: Pablo e Brais na primeira liña, Adriano na segunda, Alex na terceira e Antón, Couso e Rubén na cuarta liña.
As sesións de adestramento e de planificación competitiva comezan xa este domingo no campo de Marrozos, en Compostela, nunha toma de contacto onde realizarán as pertinentes probas físicas.
As campioas de Europa, as rapazas da Selección Galega, terán o seu primeiro adestramento xa comezado Decembro, debido a que a Liga Feminina foi iniciada un pouco máis tarde.