Carmen Pomar reúne en Santiago aos equipos directivos de FP para poñer na mesa as liñas maestras da ensinanza
A reunión terá unha segunda parte en xuño do ano que ven
Carmen Pomar, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, inaugurou hoxe a primeira sesión da xornada de formación continua de equipos directivos de centros con ensinanzas de Formación Profesional. A reunión ten lugar no CIFP Politécnico de Santiago.
Pomar afirmou que "só traballando de xeito coordinado e establecendo un diálogo fluído se poderán levar a cabo as accións destinadas á excelencia, modernización, tecnificación e internacionalización da Formación Profesional".
Co título de Liñas de desenvolvemento na Formación Profesional, esta xuntanza ten como obxectivo afondar en materias como a innovación nos ciclos formativos, o plurilingüismo, a mobilidade internacional, emprendemento estudiantil e o desenvolvemento da FP Dual.
En xuño do vindeiro ano realizarase outro encontro das mesmas caracterísitcas para falar do camiño percorrido no presente curso académico.