miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Aula da Natureza acolle un obradoiro de elaboración de esencias e perfumes

A Aula da Natureza acolle un obradoiro de elaboración de esencias e perfumes
A Aula da Natureza acolle un obradoiro de elaboración de esencias e perfumes

A Aula da Natureza de Ames organiza unha nova actividade para achegarnos a natureza de forma dinámica e lúdica

Este sábado, 17 de novembro, a Aula da Natureza acolle un obradoiro de elaboración de esencias e perfumes. O taller estará dirixido por Lidia Rojo, enxeñeira técnica agrícola, técnica de xestión medioambiental e consultura internacional para ONU Mulleres.

A Aula da Natureza de Ames organiza unha nova actividade para achegarnos a natureza de forma dinámica e lúdica. Nesta ocasión, trátase dun obradoiro de elaboración de esencias e perfumes, no que os participantes poderán coñecer as esencias, o seu mantemento e como mesturalas para elaborar fragrancias. Ademais, tamén se lles ensinarán as distintas partes da planta que se empregan para extraer aromas e en que consisten as diversas técnicas de destilación.

 Asemade, este obradoiro está relacionado cun segundo obradoiro que se levará a cabo o sábado, 1 de decembro, e que xirará sobre a elaboración artesanal de xabóns.

Comentarios
Lo más