miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferida de consideración unha muller tras ser atropelada en Pereiro de Aguiar

Ferida de consideración unha muller tras ser atropelada en Pereiro de Aguiar
Foto de arquivo
Ferida de consideración unha muller tras ser atropelada en Pereiro de Aguiar

Aconteceu sobre as 07:30 desta mañá no Parque Empresarial e foi inmediatamente atendida polos servizos sanitarios.

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a unha muller que foi atropelada no Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar.

O accidente produciuse ás 07:30 horas de hoxe, tal e como indicou o veciño que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda urxente. Segundo sinalou, a muller presentaba unha ferida aberta na cabeza, polo que urxía a presenza dos profesionais sanitarios. Deste xeito, o persoal do servizo de emerxencias avisou ao 061-Urxencias Sanitarias e pediu a colaboración dos membros do GES da localidade e da Garda Civil de Tráfico.

Tras recibir os primeiros coidados no mesmo lugar do accidente, a muller foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más