miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As plataformas contra a mina de Touro e O Pino reiteran a súa inviabilidade

As plataformas contra a mina de Touro e O Pino reiteran a súa inviabilidade
As plataformas contra a mina de Touro e O Pino reiteran a súa inviabilidade

Según recolle o informe de ICOMOS, órgano asesor da UNESCO, a reapertura tería graves consecuencias para o Camiño de Santiago

Onte pola mañá tivo lugar a rolda de prensa convocada polas plataformas Mina Touro - O Pino NON e Pola Defensa da Ría de Arousa na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Nela reiteraron a inviabilidade do proxecto mineiro de Cobre San Rafael e o desleixo das administracións públicas na súa obriga de protexer os elementos patrimoniais.

Tras o informe no que ICOMOS, órgano asesor da UNESCO en materia de conservación de patrimonio, alerta das graves consecuencias que a reapertura da mina de Touro e O Pino tería para o Camiño de Santiago, as organizacións que se opoñen ao proxecto vense na obriga de facer púclbico o seu descontento e preocupación.

No informe recóllense conclusións como que "a explotación mineira provocará unha gran perda de capital territorial e de capital cultural que son difícilmente cuantificables en moeda".

A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia tamén é clara ao establecer un réxime específico de protección dos Camiños de Santiago, e indicando que as obras e actividades no ámbito delimitado destes deben ser compatibles coa conservación e coa protección dos seus valores propios.

Ademáis de usurpar o valor eminentemente agrícola e gandeiro das terras de Touro e O Pino, a explotación mineira tamén suporía unha perda económica pola grave afección ao Camiño Francés. Afectaría ao impacto que ten a ruta xacobea na economía local.

Polo tanto, ICOMOS únese á loita contra a mina e deixa moi claro que este proxecto non é posible, non é compatible e non é sustentable cos nosos medios de vida nin co noso patrimonio.

Comentarios
Lo más