miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Leiceaga preocupado pola situación de precariedade da sanidade galega

Leiceaga preocupado pola situación de precariedade da sanidade galega
Leiceaga preocupado pola situación de precariedade da sanidade galega

O portavoz socialista centrará a sesión de control na política de dotación de servizos e equipamentos sanitarios e a difícil situación á que os ten levado os recortes aplicados polo goberno galego

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, preguntaralle ao presidente da Xunta pola precaria situación da sanidade pública galega na sesión de control do próximo Pleno. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces, que fixou a orde do día da sesión da próxima semana, que comezará o luns co debate de totalidade dos Orzamentos e continuará o martes coa sesión ordinaria.

O portavoz socialista centrará a sesión de control na política de dotación de servizos e equipamentos sanitarios e a difícil situación á que os ten levado os recortes aplicados polo goberno galego.

Leiceaga sinalou á folga do persoal dos Puntos de Atención Continuada nos meses de outubro e novembro. Advertiu que “a protesta non está dirixida a unha demanda de incremento salarial, senón ao aumento da dotación de recursos materiais e humanos e a unha mellor organización para garantir a cobertura total do servizo.

Os socialistas presentarán unha proposición non de Lei sobre a situación da atención primaria, a “porta de entrada” ao sistema sanitario, que contribúe a “eliminar estrés” no resto do sistema, unha evidencia que obvia o goberno de Feijóo. Advertiu que tan só poden aspirar a un contrato estable o 15 por cento dos profesionais formados no sistema sanitario galego dende que goberna Feijóo, o mesmo que mantén as infraestruturas de centros de saúde “baixo mínimos”.

Sinalou tamén á situación da atención pediátrica de Galicia, sinaladamente logo da “marcha atrás” do goberno galego na súa proposta de crear servizos pediátricos de área, e reivindicou unha maior accesibilidade deste servizo nos centros de saúde.

Os socialistas completarán esta iniciativa cunha pregunta oral para reclamarlle ao goberno galego a posta en marcha do servizo de Hemodinámica as 24 horas durante os sete días da semana, evitando desprazamentos que poñen en risco a supervivencia os afectados nesta doenza, na que o tempo de resposta é fundamental.

Comentarios
Lo más