miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de cen concellos desenvolverán a campaña En negro contra as violencias

Máis de cen concellos desenvolverán a campaña En negro contra as violencias
Máis de cen concellos desenvolverán a campaña En negro contra as violencias

O protocolo de colaboración foi asinado nun acto no Pazo de Raxoi.

O Pazo de Raxoi foi escenario da sinatura do protocolo de colaboración entre deputacións e concellos para desenvolver un ano máis a campaña En negro contra as violencias. No acto participaron representantes de 69 concellos dos 102 que se uniron á campaña, así como das deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña. 

A campaña En negro contra as violencias pretende fomentar a sensibilización cidadá contra as violencias machistas a través da coordinación entre concellos e da implicación do tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural.

O acto, celebrado no Salón Nobre, foi inaugurado e moderado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, quen reivindicou na súa intervención inicial un "pacto social e político real contra as violencias machistas" no que participen activamente os concellos. Nesta mesma liña se expresaron as tres deputadas provinciais presentes, que destacaron o importante papel dos concellos e deputacións na loita contra a violencia de xénero, así como a necesidade de transformar a sociedade a través da educación. 

Tamén interviron durante o acto as alcaldesas de Moeche, Sarria, Allariz, Lugo, Mugardos, Narón e Tomiño, e todas elas se pronunciaron a favor dunha resposta colectiva, dun compromiso político e social por riba de intereses partidistas e cores políticas. Así mesmo, lembráronse das e dos menores que sofren a violencia machista, e lembraron que "a batalla contra o sexismo comeza dende que un bebé vén ao mundo".

Pechou o evento o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, que resaltou a potencia da campaña e a súa capacidade para chegar cada ano a máis concellos.

Comentarios
Lo más