Reunión entre o alcalde de Santiago e a directiva do Ateneo
Martiño Noriega comprometeuse a estudar vías de colaboración coa entidade
O obxectivo desta reunión era coñecer a programación de actividades da asociación paro vindeiro ano. Martiño Noriega comprometeuse a estudar vías de colaboración coa entidade que lembrou que a entidade recibiu no 2018 unha subvención nominativa de 20.000 euros por por do décimo aniversario. A achega habitual de anos anteriores fora de 5.000 euros.
Nesta reunión co alcalde participaron o presidente do Ateneo, Salvador García-Bodaño; o vicepresidente, Manuel López-Rivadulla; o secretario, Francisco Candela; e o tesoureiro, Antón Porteiro. Tamén asistiron os vagais da asociación Pilar Sampedro e Xose Ramón Pousa.
A directiva do Ateneo informou ao alcalde da súa vontade de manter un ritmo de actividades no 2019, despois de que este ano se reforzara a súa programación por mor da celebración do seu décimo adniversario. Na programación na que se está a traballar figuran exposicións, presentacións de obras literarias, roteiros culturais e diferentes cursos e faladoiros. Tamén se consolidan os Luns do Ateneo.