miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O concelleiro de Educación de Ames, David Santomil, aclara a situación no retrasos dos cobros nos comedores escolares

O concelleiro de Educación de Ames, David Santomil, aclara a situación no retrasos dos cobros nos comedores escolares
O concelleiro de Educación de Ames, David Santomil, aclara a situación no retrasos dos cobros nos comedores escolares

Santomil remitiu un correo ás ANPAS de Ames para explicarlles a situación dos cobros e como se está a proceder dende o propio concello 

O pasado sábado COMPOSTELA24HORAS.COM informaba das queixas de pais e nais polo atraso no cobro das facturas do comedor escolar e outros servizos de concialiación familiar.

Desde o concello avisouse que esta situación corrixiríase neste curso despois de levar unha regularización nos últimos meses. Os pais volven queixarse xa que a situación chegou ao momento de ter en espera de cobro o servizo de comedor, verán lúdicos ou o Bos días cole.

Lonxe de acougarse a situación os pais queren tomar medidas ante o que está a acontecer en Ames e esperan chegar ata onde faga falta.

Pola súa contra, David Santomil, concelleiro responsable de educación, quixo aclarar a situación afirmando que entre os días 1 e 5 de cada mes, Educación elabora o censo dos cobros do mes anterior para comprobar se todos cumpren os requisitos. Unha vez pasado ese trámite, os cobros trasládanse ao departament de recadacío que posteriorme fará o cobro entre os días 20 e 30 do mes vencido. Polo tanto, dende o Concello que a finais de cada mes, farse afectivo o cobro do servizo de comedores.

A xustificación do Concello de cobrar en novembro dos recibos seguidos (correspondentes a setembro e outubro) ven dada porque moitos usuarios comezan no servizo en setembro ou outubro de forma parcial de maneira que "xustifica que ambos recibos poidan cobrar no mesmo mes de novembro".

Santomil asegura que dende agora os recibos pásanse a cobrar da seguinte maneira: novembro, finais de decembro; decembro, finais de xaneiro...

Neste senso, o propio concelleiro de Educación remitiu un correo electrónico ás ANPAS de Ames o pasado venres para explicar a situación e rematando cun pequeno aviso ás familias para que teñan previstos os importes con antelación suficiente.


Comentarios
Lo más