miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Ribeira instalará un toldo e un parque no exterior da Escola Infantil Municipal

O Concello de Ribeira instalará un toldo e un parque no exterior da Escola Infantil Municipal
O Concello de Ribeira instalará un toldo e un parque no exterior da Escola Infantil Municipal

A obra está subvencionada pola Consellería de Política Social e cofinanciada con fondos FEDER.

O espazo de xogo exterior da Escola Infantil Municipal de Ribeira, situada no barrio de Cubeliños, será obxecto de dúas actuacións de mellora.

Por unha parte, instalarase unha estrutura de 50 metros cadrados cun “toldo viseira” coa intención de proporcionar protección solar para que os pequenos poidan xogar nel nos días soleados, especialmente durante os meses de maio a agosto. Por outra parte, colocarase un parque infantil con xogos enfocados a estimular o desenvolvemento motor e sensorial, a maduración emocional e a aprendizaxe social das máis de 150 crianzas que pasan anualmente pola escola, sempre cunha perspectiva de xénero.

Estas actuacións do Concello de Ribeira serán posibles grazas a unha subvención de 16.992 euros recibida da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciada por fondos FEDER Galicia 2014-2020.

Comentarios
Lo más