A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON fará declaracións despos do informe ICOMOS
Logo de coñecer o informe de ICOMOS sobre os impactos da mina sobre o Camiño de Santiago, a Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa convocan conxuntamente unha rolda de prensa
O Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), órgano asesor da UNESCO en materia de protección e conservación do Patrimonio Mundial, vén de presentar ante a Xunta de Galicia e os concellos de Touro e O Pino, un informe técnico que pon de manifesto os graves prexuízos que a reapertura da mina de cobre a ceo aberto conlevaría para o Camiño Francés, ata o punto de que éste podería ser excluido da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, con todo o que eso suporía non só para Santiago, senón para todos os pobos e cidades que atravesa o Camiño e para os que é parte fundamental do seu tecido económico.
Para expor polo miúdo os datos do informe do ICOMOS e todas as afeccións da mina de Touro sobre o Camiño e os sectores ligados con el, a Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa convocaron unha rolda de prensa conxunta para o hoxe martes 13 de novembro, ás 11:00 horas da mañá, na Libraria Couceiro, Praza de Cervantes 6 á que tamén asistirá unha representación do Concello de Santiago.