miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rescatan a unha muller da súa vivenda de Ordes tras incendiarse a súa vivenda

Rescatan a unha muller da súa vivenda de Ordes tras incendiarse a súa vivenda
Rescatan a unha muller da súa vivenda de Ordes tras incendiarse a súa vivenda

Sucedeu preto das 14:00 horas de hoxe nunha vivenda situada na Rúa Víctor González, en Ordes

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a unha muller que sufriu unha caída no seu domicilio cando se estaba producindo un incendio.

Sucedeu preto das 14:00 horas de hoxe nunha vivenda situada na Rúa Víctor González, en Ordes. Foi unha veciña quen chamou ao 112 Galicia para pedir medios de extinción por mor dun lume nunha cociña. Ademais, a ocupante da vivenda, unha muller de avanzada idade, sufriu unha caída, o que lle impedía abrir a porta.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos Bombeiros de Ordes, aos axentes da Policía Local e tamén aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias para atender á muller que sufriu unha caída e recibiu un forte golpe na cabeza. Para ser atendida das feridas, foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Con respecto ao incendio, indicar que se orixinou nunha pota que estaba ao lume e chegou a afectar á campá extractora, aínda que soamente pola intensa fumareda.

Comentarios
Lo más