miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde en Sada unha nave de produtos de limpeza

Arde en Sada unha nave de produtos de limpeza
Foto de arquivo
Arde en Sada unha nave de produtos de limpeza

Unha vez extinguido o incendio, os Bombeiros comunicaron que só ardera material de oficina.

Sobre as 08:30 horas desta mañá, o 112 Galicia recibiu unha chamada de axuda que alertaba da saída de fume moi negro dunha nave de produtos de limpeza. O servizo de emerxencias pasou aviso ao Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil, así como ao persoal do 061-Urxencias Sanitarias por se fose precisa a súa intervención. Tamén se informou do aconteceido ao persoal do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. 

Finalmente, o incendio foi extinguido con éxito e os Bombeiros comunicaron que o material queimado correspondíase con ordenadores e material de oficina, non con produtos tóxicos.


Comentarios
Lo más