Xornada de transición en Compostela
08:30 12/11/18
08:30 12/11/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima será de 14ºC
O luns será unha xornada de transición cara a influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación, agárdase unha mañá de ceos anubrados, con néboas en zonas de interior.
Pola tarde, os ceos abriranse en xeral, aínda que con posibilidade de chuvascos febles e ocasionais na metade oeste.
As temperaturas mínimas sufrirán un descenso, e as máximas non terán cambios. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima será de 14ºC.
Os ventos soprarán de compoñente oeste frouxos.