miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares solicitan ao Goberno de CA que explique "o caos" dos envíos dos recibos do IBI

Os populares solicitan ao Goberno de CA que explique "o caos" dos envíos dos recibos do IBI
Os populares solicitan ao Goberno de CA que explique "o caos" dos envíos dos recibos do IBI

Como consecuencia desta anomalía, moitas persoas víronse sorprendidas pola aplicación de recargos e xuros

Os populares de Santiago veñen de denunciar "o caos que se produxo este ano co envío dos recibo do IBI", por elo formulará unha pregunta no Pleno da vindeira semana para que o Goberno de Martiño Noriega informe cal foi o motivo polo que este ano non chegaron aos domicilios moitas das cartas informativas do pagamento dos recibos do IBI.

Esta situación "está a producir numerosos inconvintes aos veciños de Santiago, que non so non tiveron os seus recibos a tempo, senón que agora se lles reclaman uns recargos por pagos indebidos" afirman os populares.

O Grupo que dirixe Agustín Hernández tamén considera que o Goberno de Compostela Aberta ten que "tomar medidas para compensar o incremento de ditos importes, produto da demora no pagamento daquelas persoas que non recibiron a habitual comunicación previa do Concello".

Neste ano 2018, son numerosas as queixas que "temos recibido no Grupo Municipal Popular pola non recepción dos envíos postais advertindo do cobro do IBI, así que procedeuse a consultar aos servizos de Correos encargados da distribución das notificacións municipais, os que comunicaron que todas e cada unha das cartas remitidas pola Oficina de Recadación municipal para o seu reparto foron enviadas".

Como consecuencia desta anomalía, moitas persoas víronse sorprendidas pola aplicación de recargos e xuros, mentres agardaban pola carta municipal que viñan recibindo todos os anos anunciándolle o inicio do período voluntario de pagamento.

Tradicionalmente desde o Concello víñase procedendo á realizar un envío postal a cada unhas das persoas afectadas pola aplicación do imposto municipal sobre os bens inmobles (IBI) que servía de recordatorio para o período de cobranza, aínda que, na actualidade, non existe unha obriga legal expresa, posto que existe un calendario do contribuínte que o administrado ten o deber de coñecer.

Comentarios
Lo más