miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Instituto da Lingua Galega analizará as variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica

O Instituto da Lingua Galega analizará as variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica
O Instituto da Lingua Galega analizará as variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica

O debate que xurda pretende profundar nas posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular

As variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica son o eixo ao redor do que se centrarán os relatorios do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) 2018. A cita estenderase entre o próximo luns 12 e o mércores 14 no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. 

O debate que xurda pretende profundar nas posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular. Os relatorios propostos mostrarán de que xeito se pode abordar a descrición e análise desta constante na historia lingüística da humanidade.

O encontro, que nesta ocasión coordinan Francisco Dubert García, Xulio Sousa e Vítor Míguez, parte da idea de que a situación de linguas en contacto é inevitable e unha constante na historia e evolución das variedades lingüísticas. Neste senso, lembran como na actualidade existen ao redor de 6000 linguas faladas en 194 países. 

Consideran que a situación do galego, e a doutras linguas peninsulares, “non é nin singular nin extraordinaria”. Lembran a modo de exemplo como na Península Ibérica dáse contacto entre o asturiano e o castelán, entre o castelán e o portugués, entre o mirandés e o portugués, entre o vasco e o español, e tamén, amais doutros moitos casos, entre estas linguas e os distintos idiomas de inmigración.

Igualmente, os especialistas destacan que o contacto tamén é posible no interior das linguas, “dado que os idiomas vivos son un conxunto de variedades sociais, xeográficas,... en convivencia e intercambio continuo”. 

As situacións de contacto, as súas causas e consecuencias, poden ser analizadas dende moitas perspectivas (social, lingüística, etnográfica, histórica, psicolingüística etc.).

Comentarios
Lo más