miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Últimos días para visitar a mostra "Alzhéimer. Camino de la memoria"

Últimos días para visitar a mostra "Alzhéimer. Camino de la memoria"
Últimos días para visitar a mostra "Alzhéimer. Camino de la memoria"

A mostra poderase visitar na Sede de Afundación compostelá ata o vindeiro 18 de novembro

Ata o vindeiro 18 de novembro permanecerá aberta na Sede Afundación de Santiago de Compostela, a Obra Social de ABANCA, a exposición "Alzhéimer. Camino de la memoria", obra do fotógrafo Alejandro Hurtado e o xornalista Antonio Ortín, quen percorreu o Camiño de Santiago visitando as distintas asociacións que traballan con esta enfermidade. 

Esta mostra organizouse no marco do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas e pódese visitar de luns a domingo de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.

"Alzhéimer. Camino de la memoria" constitúe un relato gráfico e persoal da experiencia no Camiño de Santiago dos seus dous autores, que se completa cunha serie de paneis científicos que profundan no concepto, evolución e tratamento do alzhéimer. 

Ofrece unha completa visión da enfermidade desde o momento do diagnóstico ata os efectos que produce na persoa enferma. 

Á vez, presenta o esforzo da investigación por comprender as causas que o orixinan, os efectos que se producen no cerebro e a procura dun tratamento. Pero tamén lembra o papel das persoas coidadoras e as familias, nas que esta epidemia silenciosa do século XXI causa un grande impacto físico, psicolóxico, social e económico. 

Comentarios
Lo más