miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Celébrase en Compostela a III Xornada de Traballo Social e Saúde

Celébrase en Compostela a III Xornada de Traballo Social e Saúde
Celébrase en Compostela a III Xornada de Traballo Social e Saúde

Dará comezo mañá ás 09:30 horas coa conferencia inaugural titulada A ética no traballo social

Mañá, venres 9 de novembro, celebrarase en Compostela a  III Xornada de Traballo Social e Saúde: as persoas por diante, promovida pola Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, a Asociación Española de Traballo Social e Saúde e a USC. O evento, no que están inscritas 150 persoas, dará comezo ás 09:30 horas na Aula Magna José Varela de Montes, no Edificio Docente Novoa Santos.  

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, estará presente na inauguración da xornada, á que seguirá a celebración da conferencia A ética no traballo social, impartida polo presidente do Conselo de Bioética de Galicia, José Antonio Seoane. A xornada continuará con mesas redondas e comunicacións onde se reflectirá sobre os coidados, a continuidade asistencial, a relación do sector público co terceiro sector e a intervención comunitaria e grupal. O acto finalizará cunha homenaxe ás traballadoras sociais sanitarias xubiladas.

Desde o Colexio de Traballo Social apuntan que este tipo de xornadas fornecen "coñecemento e formación para os profesionais da saúde", así como para "concienciar do indispensable da figura da traballadora social nos distintos ámbitos da saúde".


Comentarios
Lo más