miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ramón Nicolás presenta en Compostela a novela "Lapis na noite"

Ramón Nicolás presenta en Compostela a novela "Lapis na noite"
Ramón Nicolás presenta en Compostela a novela "Lapis na noite"

A cita terá lugar hoxe ás 20:00 horas na Libraría Pedreira. 

A Libraría Pedreira acollerá hoxe, xoves 8 de novembro ás 20:00 horas, a presentación do libro Lapis na noite, escrito por Ramón Nicolás e publicado por Edicións Xerais de Galicia. O acto contará coa participación da crítica literaria Chus Nogueira, da escritora Marilar Aleixandre e do propio autor da novela.

Lapis na noite percorre as épocas convulsas das ditaduras en Galicia e Arxentina, achegándose ás vivencias do exilio e ao esgazamento interior que supón asumir unha nova identidade, á vez que atende ás familias e vidas truncadas polo franquismo e, moi especialmente, á unha xeración de mocidade combativa que acabou presa da maquinaria represiva arxentina.

Comentarios
Lo más