Feridas dúas persoas en Pontevedra por mor dun accidente múltiple
Persoal do 061 confirmou ao 112 Galicia o traslado de dúas persoas feridas ao centro hospitalario de referencia
Pasados uns minutos das 19:30 horas da tarde pasada, o CIAE era informado doutro accidente múltiple con dúas persoas feridas.
Ao igual que no caso anterior, tratouse dun choque entre outros tres turismos que circulaban pola N-550, á altura do lugar de Cabanas, na parroquia pontevedresa de Salcedo.
Tras recibir a chamada dun alertante, dende o 112 Galicia pasouse aviso aos servizos sanitarios de urxencia. Tamén, solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e da Policía Local e informouse aos Bombeiros de Pontevedra e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.
Persoal do 061 confirmou ao 112 Galicia o traslado de dúas persoas feridas ao centro hospitalario de referencia.