Compostela seguirá baixo unha fronte de borrascas
08:00 08/11/18
08:00 08/11/18
En Compostela a temperatura mínima será de 9ºC e a máxima de 12ºC
Galicia continuará na influencia das borrascas atlánticas que enviarán unha fronte fría pola mañá.
Así, os ceos estarán moi anubrados con chuvias xeneralizadas, máis intensas nas provincias de Pontevedra e A Coruña onde poderán vir acompañadas de aparato eléctrico.
As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. En Compostela a temperatura mínima será de 9ºC e a máxima de 12ºC.
O vento soprará de compoñente sur, con refachos fortes pola mañá en zonas altas e na franxa costeira.