A Xunta reúnese o vindeiro martes con Fomento para tratar as demandas da AP-9
Solicitará información sobre as datas concretas nas que prevé executar as obras compensatorias comprometidas aos veciños de Chapela pola ampliación da autoestrada
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle onte ao alcalde de Redondela, Javier Bas, o compromiso da Xunta de trasladarlle o próximo martes ao Ministerio de Fomento as demandas dos veciños de Chapela, no marco da reunión da Comisión da AP-9.
Vázquez Mourelle reuniuse onte á tarde co rexedor e expresoulle a vontade do Executivo autonómico de esixir que se manteñan os compromisos do anterior Executivo estatal, onde se pecharon acordos tan importantes como o compromiso de supresión da peaxe de Redondela.
Neste sentido, avanzou a súa intención solicitar información concreta sobre os avances que ten realizado o Ministerio de Fomento e o calendario que manexa para a liberación da peaxe de Redondela. Así mesmo indicou que solicitará información sobre as datas concretas nas que prevé executar as obras compensatorias comprometidas aos veciños de Chapela pola ampliación da autoestrada
Na reunión o alcalde de Redondela trasladoulle a conselleira o interese do municipio pola súa defensa dos intereses dos veciños de Redondela, para os que pide o mesmo trato que reciben os do Morrazo.