miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares de Santiago presentarán unha moción para cumprir o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero

Os populares de Santiago presentarán unha moción para cumprir o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero
Foto de archivo
Os populares de Santiago presentarán unha moción para cumprir o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero

Para os Populares, é necesario que o Goberno de Martiño Noriega se comprometa e facilite o cumprimento do Pacto de Estado nesta materia

O Grupo Municipal Popular presentará no Pleno deste mes unha moción para que o Goberno de Compostela Aberta incremente os fondos destinados a combater a violencia de xénero. Para os Populares, é necesario que o Goberno de Martiño Noriega se comprometa e facilite o cumprimento do Pacto de Estado nesta materia, posto que, grazas a este, o Concello recibirá unha aportación económica importante para que se realicen programas dirixidos á erradicación da violencia de xénero.

O grupo que dirixe Agustín Hernández tamén considera imprescindible que o Goberno de Martiño Noriega inste á Xunta de Galicia a que aumente os orzamentos destinados aos municipios para este tipo actuacións, ademais de pedir ao correspondente órgano do Concello á creación dunha Comisión Interdepartamental Municipal para o seguimento da aplicación das actuacións neste sentido, así como adherirse ás campañas que o Goberno galego, en colaboración coa FEGAMP, pon a disposición dos concellos.

Para os Populares é máis que evidente que a eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación e cooperación, sempre desde o respecto ao réxime de distribución competencial en todas as accións que se desenvolvan, posto que o traballo que se realiza para conseguir a súa erradicación implica a multitude de axentes, tanto desde o sector público como desde o privado.

O Grupo Municipal Popular considera necesario un consenso institucional, político e social que mostre, sen fisuras, o compromiso de todas as institucións coa sociedade galega para alcanzar os acordos que permitan avanzar na erradicación da violencia contra as mulleres.

Comentarios
Lo más