Xoan Bascuas (CxG) insiste na execución da pasarela do CEIP Fontiñas
Compromiso reitera esta demanda xusta e necesaria
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso as vindeiras eleccións municipais, urxe ao Concello a executar as obras da pasarela do CEIP de Fontiñas, que foi licitada hai máis dun ano. Con esta obra preténdese comunicar as seccións de infantil e primaria, evitando que o alumnado se molle, principalmente para acceder o comedor.
A obra orzamentada en 165.000 euros, que debería ter comezado en decembro de 2017, leva once meses de retraso sen que o concelleiro de educación dea ningunha explicación sobre esta situación.
Dende Compromiso volven pedirlle ao concelleiro un pouco de sensibilidade co tema e que explique os motivos da paralización da obra. “Despois de esperar un ano, e despois de moito recordarllo, chega de novo o inverno e veremos como o alumnado de 3 a 5 anos pasará gran parte da xornada escolar, nos días de choiva, completamente mollados”, sostén Bascuas. Desde Compromiso afirman “que só pedimos o que hai un ano que se tiña que ter feito”.