miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde unha embarcación en Ribeira sen danos persoais

Arde unha embarcación en Ribeira sen danos persoais
Foto de archivo
Arde unha embarcación en Ribeira sen danos persoais

Os feitos tiveron lugar ao fío das 17:40 horas

Un incendio declarado nun barco abandonado no peirao de Ribeira provocou danos materiais na embarcación, sen que ningunha persoa resultase ferida. Os feitos tiveron lugar ao fío das 17:40 horas.

Nese momento, varios particulares chamaron ao 112 Galicia para dar conta do incendio no interior da embarcación, que se atopaba atracada no porto xunto a outros tres barcos. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ningunha destas embarcacións sufriu danos e tampouco se produciu vertedura de substancias contaminantes que afectasen ao mar.

Nada máis recibir o aviso do incendio, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM), da Policía Local e de Salvamento Marítimo, que mobilizou ata o lugar a Salvamar Sargadelos.

Comentarios
Lo más