40 persoas visitaron as covas das Choias e do rei Cintolo coa Aula da Natureza
As saídas tiveron lugar esta fin de semana pasada
Ao abeiro do programa Variadade é vida-Vida é variedad (VéV), iniciativa que ten como obscetivo amosar que a vida e a variedad están unidas, esta fin de semana a Aula da Natureza organizou dúas saídas para visitar a cova das Choias na Poba do Brollón e a cova do Rei Cintolo en Mondoñedo. Ao longo do fin de semana, 40 persoas puideron descrubir e ver de cerca as distintas especies que residen nestas covas, así como as monumentais formacións so seu interior.
O sábado programouse a visita á cova das Choias, situada na Pobra do Brollón (Lugo) da man de Xosé Gago, técnico de cultura do Concello. E pola tarde realizouse un percorrido pola parroquia da Cereixa, na que os asistentes puideron coñecer o fogar e a vida de María Castaña.
Ao días seguinte, achegáronse ata Mondoñedo para coñecer a cova do rei Cintolo, que recibiu a certificación de Espacio Observer Destino de Turismo Científico.