miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Ribeira reduce a súa débeda ata nun 34,92%

O Concello de Ribeira reduce a súa débeda ata nun 34,92%
Foto de arquivo
O Concello de Ribeira reduce a súa débeda ata nun 34,92%

Foi gracias á amortización anticipada de dous millóns de euros en préstamos

O Concello de Ribeira acaba de formalizar a amortización anticipada de prestamos bancarios por un valor de 2.028.963,9€, o que permitiu unha reducción da débeda municipal de case 15 puntos porcentuais, pasando do 49,66% ao 34,92%.

Ao principio da lexislatura actual, a débeda viva municipal situábase no 57,22%, polo que a rebaixa desde o inicio é case de 23 puntos ou, case un 40 por cento.

Estos préstamos foron os que permitiron emprender importantes investimentos no Concello como foi o proxecto Ribeira Atlántica.


Comentarios
Lo más