miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

ACOUGA critica a decisión do Tribunal Supremo sobre as hipotecas

ACOUGA critica a decisión do Tribunal Supremo sobre as hipotecas
Foto de arquivo
ACOUGA critica a decisión do Tribunal Supremo sobre as hipotecas

Considera que é "ilóxica" e acusa ao Tribunal de "falta de neutralidade".

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) considera "ilóxica e contraria a todas as regras do Dereito Fiscal" a decisión do Tribunal Supremo de atribuírlle aos clientes, e non aos bancos, o pagamento do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados nos préstamos hipotecarios. 

Ademais, atopan "falta de neutralidade" no pleno e indican que o presidente da Sala, Luís Díez-Picazo, está "afectado por causa legal de abstención ao prestar servizos docentes dous cursos académicos nun centro universitario de titularidade da Asociación Española de Banca". Por todo iso, denuncian que os maxistrados se deixaron influir decisivamente polo lobby bancario sen impontarlle o que pense a cidadanía.

A decisión, tomada por 15 votos a favor e 13 en contra, considera que é o cliente o interesado ou beneficiado polo outorgamento da hipoteca, mentres que ACOUGA afirma que o beneficiado no outorgamento da garantía hipotecaria non é o que a recibe, senón quen a presta, tal e como o demostraba a liña xurisprudencial seguida ata o momento e que o Tribunal Supremo abandonou.

A liña xurisprudencial a que se refere ACOUGA, instaurada coa sentenza da Sección 2ª do Supremo do 16 de outubro, anulaba o artigo 69.2 do Regulamento do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados por consideralo incompatible coa Lei, que carga ese gravame ás persoas que soliciten as escrituras ou sexan interesadas no seu outorgamento. Neste caso, polo tanto, os bancos serían os interesados, xa que a escritura lles dá tanto forza executiva como garantía efectiva do pagamento do préstamo hiopotecario concedido.

Comentarios
Lo más