Os socialistas instan á Xunta a desenvolver a normativa sobre comedores escolares do 2013
13:07 07/11/18
13:07 07/11/18
Esta situación de bloqueo impide ás Anpas asumir a xestión do servizo
O portavoz de Educación do PSdeG, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe á Xunta que desevolva "dunha vez e antes do remate do curso" o decreto que regula as distintas modalidades de xestión de comedores que está en situación de bloqueo dende o 2013.
Esta situación impide ás Anpas asumir a xestión do servizo, cando se trata dun servizo que a Administración considera esencial para a conciliación da vida familiar e laboral. Ó deixar a norma sen desenvolver, o regulamento que se aplica é o do 2007, que dificulta aplicar unhas fórmulas que xa son plenamente legais.