A borrasca Beatriz deixa numerosas incidencias ao seu paso por Santiago
A xonada de onte viuse afectada polas fortes rachas de vento que provocaron numerosas incidencias
As fortes rachas de vento da borrasca Beatriz deixou onte en Santiago e nos concellos limítrofes gran cantidade de incidencias, a maioría provocadas por caídas das árbores. Dous dos incidentes máis graves tiveron lugar, un en Salgueiriños de Abaixo, onde se desplomou un andamio e que requeriu da presencia dos bombeiros e da Policía Local para o corte da rúa e a recollida do andamio derribado; e outro no campus sur, onde un arbol caeu encima dun coche aparcado diante da Facultade de Dereito.
A partir do mediodía, o Concello decidiu sumspender todas as actividades ao aire libre nas instalacións deportivas municipais, dada a previsión de empeoramento. Tamén se cerraron por precaución os parques de la Alameda, Bonaval e Zeca Afonso. Pouco antes das 12:30 horas, veciños da rúa San Pedro de Mezonzo alertaron aos bombieros xa que unha plancha metálica do tellado do edificio do antiguo Colexio Peleteiro estaba solta e había risco de que caera á vía pública.
As intensas choivas provocaron qeu apareceran bolsas de auga en puntos peligrosos da SC-20. En Aríns houbo problema de suministro eléctrico e nas rúas Frei Rosendo Salvado e Romero Donallo houbo semáforos que caeron polo vento. Ademáis, os servizos de limpeza estaba de patrón e tiña persoal reducido.
No aeroporto de Lavacolla tamén se rexistraron incidencias por retrasos no aterrizaxe e despegue de voos. Os retrasos máis significativos foron: Aer Lingus qeu viaxaba a Dublín debía sair ás 15:15 horas e saiu cunha hora de retraso; o voo de Air Europa a Tenerife retrasouse máis de tres horas; e o voo nocturno de Vueling a Barcelona, en vez de despegar ás 21:20 horas, fíxoo unha hora máis tarde. De feito, o voo dende Barcelona chegou a Lavacolla ás 23:00 horas, cando debía llegar a Lavacolla ás 20:40 horas. O voo procedente de Málaga de Air Europa aterrizou ás 19:42 horas, tres horas máis tarde do horario previsto.