Presentación en Compostela do último libro de Miguelanxo Prado
09:34 07/11/18
09:34 07/11/18
Terá lugar este xoves no Espazo Enocultural Vide,Vide!
O Espazo Enocultural Vide,Vide!, sito na céntrica rúa compostelana da Fonte de Santo Antonio, acollerá este xoves a presentación do último libro de Miguelanxo Prado, que leva por título Valdeorras. Trátase dun caderno de viaxes dedicado á comarca ourensá no que, a través da palabra e da imaxe, retrata o mundo do viño, as súas paisaxes e a súa historia. O acto dará comezo ás 19:30 horas e será presentado pola editora Gemma Sesar.
O libro preséntase nunha coidada edición do selo InCógnita, creado por El Patito Editorial para recoller os proxectos persoais do ilustrador Miguelanxo Prado e da escritora Uxía Meirama.