En Marea Touro culpa ao alcalde do desbordamento do río Portapego
Acúsao de permitir que as augas contaminadas da mina cheguen ao rego e aumenten o seu caudal.
En Marea Touro denunciou que o rego Portapego se desbordou polas rúas de Touro debido aos lodos contaminados que recibe da mina e que producen un incremento do seu caudal natural. Culpan da situación ao alcalde, o popular Ignacio Codesido, pola súa “complicidade” co propietario actual da mina, Explotacións Gallegas, á hora de permitir tapar a canle perimetral da mina coa finalidade de urbanizar terreos. Esa obra, segundo En Marea, provocou que as augas contaminadas da mina cheguen ao rego Portapego, producindo entullos polos lodos que arrastra e xerando desbordamentos.
A formación cidadá denunciou tamén o gasto de diñeiro público do Concello nas obras de canalización do regato para tratar de evitar o colapso polos lodos, que cualificou de “parches inútiles”.
En consecuencia, En Marea Touro instou o Concello a facer cumprir o plan de restauración da mina para evitar que as augas xeradas en terreos mineiros acaben directamente e sen tratamento no Portapego, así como deixar de gastar cartos públicos para “tapar as desfeitas da propietaria da mina”