miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Facultade de Dereito acolle un congreso da xurisprudencia social

A Facultade de Dereito acolle un congreso da xurisprudencia social
A Facultade de Dereito acolle un congreso da xurisprudencia social

O congreso organízase en varios paneis, a cargo dun membro do equipo do proxecto, que actuará como relator principal sintetizando as conclusións máis destacadas dos tres anos de investigacións

Como acto final do proxecto de investigación ‘A adaptación do ordenamento español á xurisprudencia social do Tribunal de Xustiza’, a Facultade de Dereito acolle hoxe mércores 7 e o xoves 8 un congreso no que se presentarán os resultados máis destacados. 

O comité organizador do encontro, unha actividade extraordinaria de formación do Consejo General del Poder Judicial, está formado por Javier Gárate Castro, Juan Martínez Moya, María Luisa Roldán García, Yolanda Maneiro Vázquez, Diana Santiago Iglesiase José María Miranda Boto.

O congreso organízase en varios paneis, a cargo dun membro do equipo do proxecto, que actuará como relator principal sintetizando as conclusións máis destacadas dos tres anos de investigacións. A continuación seguiranlle relatorios breves que se someterán á análise dunha persoa de prestixio allea ao equipo investigador. Ademais, nalgúns paneis un membro do Poder Xudicial achegará os seus puntos de vista máis prácticos.

A inauguración do encontro terá lugar este mércores ás 9.30 horas nun acto ao que asisten o reitor da USC, Antonio López Díaz, o vogal do Consejo General del Poder Judicial Juan Martínez Moya, e o investigador principal do proxecto de investigación, José María Miranda Boto. 

Os paneis do congreso tratarán cuestión como o réxime do despido colectivo, a protección dos dereitos sociais a nivel europeo, a xurisprudencia comunitaria en torno á xestación por substitución e incapacidade, a Seguridade Social e traballo a tempo parcial, igualdade e non discriminación por razón de sexo, o tempo de traballo e, por último, a influencia da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza no emprego público. 

Comentarios
Lo más