miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece unha persoa en Teo tras ser atropelada

Falece unha persoa en Teo tras ser atropelada
Falece unha persoa en Teo tras ser atropelada

Os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa

Unha persoa perdeu a vida esta tarde en Teo ao ser atropelada nas proximidades da Igrexa do Vilar de Calo. Sucedeu uns minutos despois das 17:30 horas, momento en que o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para alertar do atropelo.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso á Policía Local, a Protección Civil e ao GES da Estrada.

Xa no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.

Comentarios
Lo más