Posible delito medioambiental na xestión do vertedoiro de Miramontes
A Fiscalía de Medio Ambiente abre dilixencias de investigación
A raíz dunha denuncia da Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Santiago de Compostela - Miramontes, a Fiscalía consideraque os fetios descritos "poden ser indiciairos dun delito contra o medio ambiente no seu aspecto comisivo ou omisivo, e á vista do aprotado estima imprescindible para a súa investigación a práctica dunha serie de dilixencias".
Nos feitos enuméranse unha serie de incumprimentos recollidos nas actas de inspección: presenza de residuos prohibidos no vertedoiro, presenza de residuos líquidos, non hai recollida nin separación de fraccións de residuos valorizables... A máis destacable é a porcentaxe de materia orgánica que estivo entrando no vertedoiro (de residuos industriais non perigosos e non biodegradables) é moi superior ao límite do 10% considerando no seu proxecto constructivo, "incumprindo coa Autorización Ambiental Integrada e poñendo en perigo a seguridade constructiva do vertedoiro".
Na resolución da Fiscalía sinala que "ademáis da empresa responsable, corresponde ás administraciósn públicas o contro das actividades potencialmente contamintantes ou perigosas".