miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo de solicitude das bonificacións do IBI para explotacións agrarias e gandeiras de Lousame

Aberto o prazo de solicitude das bonificacións do IBI para explotacións agrarias e gandeiras de Lousame
CC: Ostiudo
Aberto o prazo de solicitude das bonificacións do IBI para explotacións agrarias e gandeiras de Lousame

Supoñen unha bonificación do 95% da cota íntegra e poden solicitarse ata o 21 de novembro.

O Concello de Lousame informou de que está aberto o prazo para entregar a documentación para optar ás bonificacións do 95% da cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) naquelas edificacións onde se desenvolvan actividades agrarias ou gandeiras.

As persoas interesadas en optar ás bonificacións deberán presentar no Concello de Lousame o certificado de Facenda no que conste a situación censual, acreditación da titularidade catastral do inmoble, certificado de non ter débedas coa Seguridade Social nin con Facenda e xustificante do recoñecemento de explotación ou licenza de actividade. A documentación poderá ser entregada ata o 21 de novembro.

Desde o Concello lembran que estas bonificacións municipais deben ser solicitadas obrigatoriamente polas persoas interesadas, pois o Concello non pode outorgalas de oficio por cuestións legais.

Comentarios
Lo más