Precipitacións intensas na cidade durante esta xornada
08:00 06/11/18
08:00 06/11/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima será de 14ºC
Unha nova fronte afectará a Galicia durante o martes, especialmente pola tarde cando os ceos estarán moi anubrados ou cubertos con precipitacións, localmente fortes, sobre todo nas provincias atlánticas.
As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima será de 14ºC.
Os ventos soprarán fortes de compoñente sur.