miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Noia instala as tres primeiras anclaxes de contedores de lixo no concello

Noia instala as tres primeiras anclaxes de contedores de lixo no concello
Noia instala as tres primeiras anclaxes de contedores de lixo no concello

Estes dispositivos consisten nunha columna central situada na parte posterior do contedor que serve de fixación a unha barra de aceiro inoxidable en forma de “U” que recolle o contedor

O Concello de Noia vén de instalar os tres primeiros dispositivos para a anclaxe de contedores de lixo na rúa Aldea Vista Fermosa, na estrada AC-550 de entrada ao centro urbano. 

A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, explica que “ata o momento non se colocaran nunca en Noia este tipo de anclaxes, que aseguran os contedores ao lugar e evitan que poidan desprazarse ata a estrada en caso de vento ou temporal. A nosa intención é seguir instalando este tipo de suxeicións no resto do municipio”.

Estes dispositivos consisten nunha columna central situada na parte posterior do contedor que serve de fixación a unha barra de aceiro inoxidable en forma de “U” que recolle o contedor e evita o seu movemento. Deste xeito, conséguese evitar a mobilidade dos depósitos do lixo e garántese que quedarán fixados no seu lugar correspondente en caso de fortes rachas de vento.

Ángela Neri Arufe indica que “se escollemos a rúa Aldea Vista Fermosa para instalar estas tres primeiras anclaxes é porque se trata dunha zona onde os vehículos circulan a maior velocidade e onde a falta de suxeición dun contedor pode supoñer un maior risco que noutras zonas do caso urbano, onde a velocidade é menor”.

Comentarios
Lo más