miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Biblioteca de Ánxel Casal comeza as Xornadas de Tradición Oral

A Biblioteca de Ánxel Casal comeza as Xornadas de Tradición Oral
A Biblioteca de Ánxel Casal comeza as Xornadas de Tradición Oral

Hoxe martes 6 de novembro ás 18:30 horas no salón de actos a Biblioteca contará coa presenza de Olga Abad quen realizará o obradoiro de sombras chinesas “As nosas historias“ no que se mesturan a maxia do teatro de sombras chinesas coa forza das historias da nosa tradición oral

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal presenta, no marco da súa programación de novembro e con motivo das Xornadas da Tradición Oral as seguintes actividades:

VI Maratón de Tradición Oral que terá lugar o día 6 de novembro a partir das 10:30 horas no salón de actos da Biblioteca. Nela participarán alumnos e alumnas dos CEIP López Ferreiro e Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela que contarán adiviñas, regueifas, cantigas, poesías, conxuros, fábulas e contos que se van transmitindo de xeración en xeración para conservar o coñecemento e a experiencia a través do tempo. A Biblioteca fará entrega de lotes de libros, marcapáxinas e dun diploma de participación aos centros educativos participantes. Acceso restrinxido.

Tamén hoxe martes 6 de novembro ás 18:30 horas no salón de actos a Biblioteca contará coa presenza de Olga Abad quen realizará o obradoiro de sombras chinesas “As nosas historias“ no que se mesturan a maxia do teatro de sombras chinesas coa forza das historias da nosa tradición oral. Os pequenos participantes farán as súas sombras chinesas baseadas nos personaxes da historia que lles contará Olga Abad e, por último, farán a representación do conto. A entrada realizarase por rigorosa orde de chegada, máximo 30 nenas e nenos de 5 a 8 anos. Cada un deles só poderá estar acompañado dunha persoa adulta.

Comentarios
Lo más