Paco Reyes critica a falta de transparencia de Compostela Aberta
Reclama a aprobación da conta xeral de 2017 e información da execución do orzamento de 2018
O voceiro socialista, Paco Reyes, criticou a falta de transparencia de Compostela Aberta, lamentando que teñan pasado todos os prazos establecidos pola lei sen que se teña aprobada a conta xeral de 2017.
"Require polo menos unha explicación do alcalde que se incumpran todas as disposicións legais e que non teña aprobado a conta xeral de 2017, sobre todo cando Compostela Aberta presume de transparencia" afirmou Reyes.
As críticas do grupo PSdeG tamén se refiren ao orzamento de 2018. Paco Reyes denunciou que non haxa información ningúna sobre a liquidación y execución, polo menos ata o mes de setembro. "Non está colgado nin o avance do primeiro trimestre ni se ten dado conta ao pleno". Por todo isto, o grupo reclama os certificados e información necesaria e relativa ao actual documento económico.