miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

ReGaLis comeza a súa semana de actividades cun debate sobre o futuro da mobilidade eléctrica

ReGaLis comeza a súa semana de actividades cun debate sobre o futuro da mobilidade eléctrica
ReGaLis comeza a súa semana de actividades cun debate sobre o futuro da mobilidade eléctrica

O programa comeza hoxe martes 6 ás 9:00 horas no Auditorio AFundación con dúas mesas redondas sobre o futuro da mobilidade eléctrica

A Rede Galega de Líquidos Iónicos (ReGaLIs), que engloba 13 grupos de investigación das Universidades e centros de investigación de Galicia, desenvolve toda unha serie de actividades esta semana en Santiago organizadas polos docentes da USC Josefa Salgado Carballo e Luis Miguel Varela Cabo, actuais responsables de ReGaLIs. 

O programa comeza hoxe martes 6 ás 9:00 horas no Auditorio AFundación con dúas mesas redondas sobre o futuro da mobilidade eléctrica partindo do estado actual do sector de baterías e acumulación enerxética. Na xornada, que inaugurará o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, participará persoal académico de diferentes universidades e centros de investigación europeos, así como de empresas e asociacións do sector. 

Nos debates analizaranse as tecnoloxías máis avanzadas dispoñibles e a evolución prevista nos próximos anos con vistas á transición á e-mobilidade. Reflexionarase ademais acerca do escenario creado pola recente iniciativa Battery Alliance da UE, que pretende implantar un sector de fabricación de baterías en Europa.

As mesas de debate terán continuidade os días 7 e 8 coa celebración na Facultade de Física da USC da 3ª Escola da rede ReGaLIs, na que se analizará o estado da arte da investigación e aplicación industrial destes materiais. Por outra banda, o día 9 Víctor Gómez González defenderá nese mesmo centro a súa tese de doutoramento na que presentará pioneiros desenvolvementos para a produción futura de baterías de magnesio ou aluminio na era post-litio.

Comentarios
Lo más