miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Expertos galegos amosan a evolución en artes marciais históricas

Expertos galegos amosan a evolución en artes marciais históricas
Expertos galegos amosan a evolución en artes marciais históricas

Será hoxe no Paraninfo da Facultade de Historia

A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares promove o seminario Armas de Roma e a Idade Media. Tipoloxía, biomecánica e técnicas de combate. Este seminario, que terá lugar hoxe ás 12:30 horas no Paraninfo da Facultade de Historia da USC, centrarase no uso das armas, na indumentaria e nas diferentes técnicas de loita empregadas dende o Imperio romano, con especial incidencia na Idade Media.

Esta iniciativa vai dirixida aos alumnos do Máster e do Programa de Doutoramento en Estudos Medievais da Universidade de Santiago de Comostela. Tamén vai dirixido en xeral a estudantes de Historia, Historia da Arte e das distintas Filoloxías.

No seminario participarán varios integrantes do Club Falcata de Artes Marciais Hitóricas Europeas de Vigo. No transcurso do seminario varios membros do Club realizarán unha exhibicón de distintas técnicas de combate pertencentes a diferentes etapas históricas, ao tempo que amosarán a idumentaria dos cabaleiros medievais e parte do armamento máis habitual da época.


Comentarios
Lo más