miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ana Pontón visita a Oriol Junqueras na cadea de Lledoners

Ana Pontón visita a Oriol Junqueras na cadea de Lledoners
Ana Pontón visita a Oriol Junqueras na cadea de Lledoners

Pontón advirte do momento de “involución democrática” do Estado ante o que non é posible permanecer calado, nin neutral, posto que o que está en xogo é a propia democraci

A portavoz nacional, Ana Pontón, e a eurodeputada, Ana Miranda, visitaron ao líder de ER, Oriol Junqueras, na cadea de Lledoners, nun encontro dunha hora no que transmitiron a solidariedade e apoio do BNG "a todos os políticos presos, as súas familias e a todas as persoas que en Cataluña queren decidir o seu propio futuro".

Á saída da prisión, a dirixente do Bloque reclamou a absolución e posta en liberdade de todas as persoas presas polo mero feito de defender "as súas ideas políticas e o dereito do pobo catalán a decidir nas urnas", e insistiu en que "é preciso unha solución política e dialogada por parte do Estado que, até agora, está empeñado en buscar vinganza en lugar de xustiza, que persegue ao discrepante e que se nega a asumir a realidade plurinacional".

“Desde o Bloque seguimos defendendo que a solución ten que ser política, diálogo, absolución e liberdade para os presos políticos e, sobre esa base, estou segura que é posible construír un futuro mellor non só para Cataluña senón tamén para Galicia e para todos os pobos que neste momento formamos parte do Estado español”, indicou Pontón.

Para a líder do Bloque, “o Estado español ten un problema moi grave: Que non quere recoñecer que é un Estado plurinacional e iso implica o dereito a poder decidir o futuro, o dereito a poder construír sociedades máis avanzadas e democráticas que nos garantan dereitos e liberdades básicas, e nese sentido é importante que tezamos solidariedade e denunciemos o que está pasando”.

Pontón advirte do momento de “involución democrática” do Estado ante o que non é posible permanecer calado, nin neutral, posto que o que está en xogo é a propia democracia, máis aló de estar a favor da independencia de Catalunya. Non se pode ter medo, porque o medo “alimenta ao monstro” que é preciso derrotar.

“Hai quen quere poñer unha mordaza para que non digamos o que pensamos, que quere que vivamos con medo, pero o medo o único que consigue é alimentar o monstro antidemocrático que nos priva de dereitos e liberdades básicas, hai que derrotar a ese monstro”, salientou a portavoz nacional. “É importante que esa solidariedade se trace desde todas partes, e o BNG, con este visita, con este acto, quere transmitir a solidariedade ás persoas que están presas, pero tamén as súas familias e a todas as persoas que en Catalunya soñan con poder decidir o seu futuro”.

Comentarios
Lo más