miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Galicia formará parte dun proxecto europeo contra a expansión da velutina

Galicia formará parte dun proxecto europeo contra a expansión da velutina
Foto de arquivo
Galicia formará parte dun proxecto europeo contra a expansión da velutina

O proxecto Positive procura o intercambio de coñecementos e a elaboración de métodos conxuntos para controlar a especie invasora a nivel internacional.

A consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, dirixida por Ángeles Vázquez, fixo pública a participación de Galicia nun proxecto europeo para o control da avespa velutina. O anuncio xorde pouco despois de que a plataforma Stop Velutina, xunto con apicultores e científicos, presentara unha petición nas consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural para solicitar máis apoio á investigación contra a expansión do insecto invasor.

O plan en que se incluirá Galicia, chamado Positive, consiste no intercambio de experiencias e coñecementos entre países do sudoeste europeo cun enfoque transnacional. Así, facilitará a transmisión de coñecemento de países máis experimentados, como Francia, a países que levan menos tempo sufrindo o problema, como España ou Portugal. Polo tanto, constitúe un avance na cooperación internacional para as investigacións sobre a velutina que xa están levando a cabo en Galicia.

O obxectivo principal é desenvolver métodos conxuntos para combatir a expansión da velutina e contribuir á preservación dos insectos atacados pola avespa asiática e da súa función polinizadora natural. O proxecto conta cun orzamento de casi dous millóns de euros, financiado ao 75% por fondos Feder, destinados a promover a colaboración entre administracións, organizacións académicas, productores e colectivos sociais.


Comentarios
Lo más