Arranca na Cidade da Cultura o Campionato Munidal de Xadrez Cadete
Comezou hoxe con 400 partidas simultáneas
O Campiontao Mundial de Xadrez Cadete comezou hoxe no Gaiás con 400 partidas simultáneas e 851 participantes dos cinco continentes, dos que 69 xogadores son galegos. Trátase da edición máis numeros das tres celebradas ata agora nas categorías sub-8, sub-10 e sub-12.
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle foi a encargada de inaugurar o campionato realizando, de maneira simbólica, o movemento de apertura do torneo. Na cerimonia estiveron presentes tamén o presidente da Federación Galega de Xadrez , Gaspar Pérez Carnero e o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, entre outras autoridades.
Os afeccionados ao xadrez poderán seguir en vivo a comeptición desde a carpa instalada no exterior do Museo Centro Gaías e tamén vía streaming na web do campionato (www.wccc2018.com).